Paula Cambeses e José Ángel Docobo comparten en Rianxo todo o que precisamos saber sobre a eclipse do 12 de agosto

24 Xullo 2026

Este xoves 23 de xullo celebrouse en Rianxo unha charla-coloquio centrada no eclipse de sol do 12 de agosto. Foi unha proposta de divulgación científica impartida pola rianxeira Paula Cambeses Franco (doutoranda en Matemáticas pola USC) acompañada polo rianxeiro de adopción e vello colaborador do Concello nos Veráns Culturais coas sesións de observación astronómica, José Ángel Docobo Durántez (catedrático de Astronomía da USC).

A charla-coloquio A eclipse de Sol do 12 de agosto en Rianxo permitiu aos asistentes descubrir por que a eclipse de Sol deste verán será un acontecemento tan especial. A sesión tamén serviu para preparar e orientar á veciñanza de cara ao acontecemento.

Destacouse que a comarca do Barbanza e concretamente o Paseo da Ribeira de Rianxo disporán duns parámetros de visibilidade excelentes e dunha vista privilexiada para gozar do momento.

Os relatores puxeron especial fincapé nas indicacións precisas para observar o Sol de xeito seguro e sen riscos para a saúde ocular, ensinando como aproveitar ao máximo a experiencia e o conveniente que é usar lentes axeitadas, seguras e homologadas para a contemplación do fenómeno.

Esta conferencia formou parte da axenda do Verán Cultural de Rianxo 2026 e abriu un ciclo de charlas co que o profesor Docobo percorrerá outras vilas galegas nas vindeiras semanas.

A eclipse total de Sol do vindeiro 12 de agosto é un acontecemento extraordinario porque será a primeira eclipse solar total visíbel desde a Península Ibérica en máis dun século.

En termos astronómicos, as eclipses totais son moi pouco frecuentes nun punto xeográfico concreto. De feito, segundo explicou o profesor Docobo, un fenómeno desta magnitude non volverá repetirse en Galicia ata o ano 2180

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.