Os fondos da X Solidaria permítelle a ADISBISMUR reforzar a atención ás persoas con discapacidade no centro de Valadares

21 Xullo 2026

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) continúa co seu avance na mellora dos servizos que presta ás persoas con discapacidade coa incorporación de equipamento para os obradoiros e aulas do centro de atención diúrna que ten en Valadares, no concello de Outes.

Esta mellora foi posíbel a través do financiamento procedente da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria dos fondos procedentes do 0,7 % do IRPF, coñecida como X Solidaria, destinados á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social. ADISBISMUR resultou beneficiaria da Liña IV, destinada a proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención dirixidos a persoas maiores ou con discapacidade.

Cos fondos da X Solidaria, ADISBISMUR puido renovar e ampliar o equipamento e material do servizo de fisioterapia para reforzar a intervención terapéutica; na aula de informática incorporou recursos tecnolóxicos destinados a favorecer a comunicación, a expresión oral e a adquisición de competencias dixitais, mentres que a aula de pedagoxía dispón de novo material para o desenvolvemento de actividades de estimulación cognitiva, memoria e aprendizaxe adaptadas ás capacidades de cada persoa.

O investimento tamén supuxo un importante impulso nos talleres ocupacionais de viveirismo e cestería. Mentres que no de viveirismo renovouse maquinaria e ferramenta especializada para mellorar os traballos de cultivo e continuar diversificando a produción hortícola e de plantas aromáticas, no taller de cestería incorporouse maquinaria profesional que permitirá ampliar as posibilidades de creación, atender novos encargos e facilitar o traballo diario das persoas participantes.

Segundo destaca ADISBISMUR, esta mellora repercute directamente na calidade dos servizos que se prestan no centro que a entidade ten en Valadares, favorecendo “unha atención máis personalizada, a promoción da autonomía persoal, a inclusión social e a participación activa das persoas con discapacidade nos diferentes programas e talleres da entidade”, informou a entidade inclusiva das comarcas de Muros-Noia-Barbanza-Xallas.

Na actualidade, ata este centro de Valadares que dirixe a entidade acoden 52 persoas con discapacidade procedentes dos concellos de Muros, Outes, Carnota, Noia, Negreira, Mazaricos, Santa Comba e Lousame. Conta cun equipo multidisciplinar formado por profesionais da fisioterapia, terapia ocupacional, psicoloxía, logopedia, pedagoxía, educación social, monitorado especializado e persoal de atención directa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.