Os campos de Vista Alegre (Boiro) acollen unha nova edición do DeporCampus que se desenvolverá do 13 ao 17 de xullo

12 Xullo 2026

O Concello de Boiro colabora coa EFM Concello de Boiro na celebración dunha nova edición do Depor Campus, que terá lugar nas instalacións municipais de Vista Alegre entre o 13 e o 17 de xullo. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da actividade xunto con Sergio Maurente, coordinador dos DeporCampus; e José Enrique Maneiro, presidente da EFM.

Segundo explicaron, a finalidade desta actividade é que “os participantes aprendan a desenvolver a coordinación a través de xogos; aprender habilidades e conceptos na relación co corpo e o balón; traballar fundamentos técnico-tácticos… a través de xogos e habilidades co balón, circuítos coordinativos, desafíos técnicos, partidos e competicións”.

“Con esta actividade os nenos e nenas adestrarán coas mesmas técnicas que a rapazada da canteira do Deportivo”, afirmou Sergio Maurente

A actividade está dirixida a rapazada de entre 6 e 14 anos e vaise desenvolver en horario de 10.00 a 14.00 horas. O presidente da EFM, José Enrique Maneiro, agradeceu ao RC Deportivo “por seguir contando con Boiro e coa EFM para traer este campus que cada ano atrae a máis rapaces”.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu o bo traballo que realiza o RC Deportivo e a EFM “neste campus que contribúe a fomentar o deporte base e os valores que veñen implícitos coa práctica da actividade deportiva” e convidou á rapazada de Boiro a participar neste campus. As inscricións están abertas e poden facerse na web deporcampus.rcdeportivo.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.