O Son presenta unha mostra e un libro que renden homenaxe aos veciños que emigraron e honraron (na distancia) a súa terra

18 Xullo 2026

O Museo Marea do Porto do Son (Museo da Memoria Mariñeira Marea) acolleu este venres 17 de xullo a presentación do libro Sonenses en América e Americanos en Porto do Son, de José Manuel Vázquez Lijó e Raúl Sotelo Vázquez, e máis a inauguración da mostra A memoria da emigración nas familias de Porto do Son, unha homenaxe ás persoas que levaron Galicia polo mundo sen esquecer nunca as súas raíces. Trátase dunha completa exposición composta por fotografías, cartas e recordos familiares, segundo lembrou o alcalde, Luis Oujo, quen estivo acompañado polo co-autor da publicación, José Manuel Vázquez, e polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

A exposición, impulsada polo Concello de O Porto do Son e financiada pola Secretaría Xeral da Emigración, ten como obxectivo poñer en valor o legado migratorio do municipio a través de documentos, fotografías e testemuñas achegadas polas propias familias.

Durante a súa intervención, Miranda destacou que a memoria da emigración é tamén a memoria das familias que fixeron Galicia dende os dous lados do Atlántico, e subliñou que obras e exposicións como estas permiten recuperar e preservar un patrimonio humano que forma parte da identidade colectiva de Galicia. “Cada fotografía, cada carta e cada historia familiar forman parte dun patrimonio colectivo que temos a responsabilidade de conservar e transmitir ás novas xeracións”, afirmou.

O secretario xeral puxo en valor o traballo desenvolvido polos autores da publicación, que reconstrúe a historia da emigración sonense desde o século XIX ata a actualidade, analizando non só os grandes movementos migratorios cara a América, senón tamén as migracións europeas da segunda metade do século XX e a pegada que deixaron no desenvolvemento económico, social e cultural de O Porto do Son. Ao mesmo tempo, destacou que a exposición complementa este labor investigador ofrecendo unha visión máis próxima e emocional a través de documentos, fotografías e testemuños cedidos polas propias familias.

Miranda lembrou que concellos costeiros como O Porto do Son mantiveron historicamente unha estreita relación coa emigración e que milleiros de veciños construíron unha nova vida en países como Arxentina, Uruguai, Cuba ou Venezuela, sen perder nunca o vínculo coa súa terra de orixe. Foron eles, sinalou, quen levaron Galicia polo mundo, quen mantiveron viva a cultura e quen contribuíron tamén ao progreso das comunidades que os acolleron.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.