O sábado celébrase en Louro o Trail Nocturno do Naraio

24 Xullo 2026

O Club Serres Runners, coa colaboración do Concello de Muros, volve organizar un trail nocturno, está vez o Trail do Naraio na parroquia de Louro. Será este sábado 25 de xullo a partir das 21:45 horas.

“Estamos ante unha proba distinta, xa que transcorre de noite polos nosos montes”, asegura Damián Torea, concelleiro de Deportes, engadindo que “xa hai 200 persoas inscritas e dende o concello queremos felicitar aos Serres Runners por realizar unha nova actividade que atrae a tanta xente ao noso concello”, engade.

O Concello agradeceu a implicación da persoal de Obras do Concello, a UD Monte Louro, a Policía Local e o GES de Muros, “xa que sen a súa axuda e sen a colaboración entre departamentos municipais a realización dun evento así sería imposíbel”.

A saída ten lugar dende o Campo de Fútbol Agra de Filgueira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.