O programa Verán 2026 de Lousame vén con cursos de natación, campamentos, noites de cine, bibliopiscina e cursos de inglés

03 Xullo 2026

O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, e a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo Filgueira, presentaron o programa de Actividades de Verán 2026. Sinalaron que “este vai ser un verán moi dinámico en Lousame, onde imos tocar todos os ámbitos con actividades culturais e deportivas dirixidas a todo tipo de público, sobre todo infantil”.

A programación inclúe sete actividades para os meses de xullo e xullo: cursos de natación, o BoloFest Lousame, os campamentos do Verán Activo, dúas sesións de Noite de Cine, cursos de inglés, bibliopiscina e Festa de Despedida das actividades de verán.

Os cursos de natación arrincaron esta mesma semana na Piscina Municipal de Lousame, cun total de 64 nenos e nenas maiores de 4 anos. Uns cursos que se desenvolverán ata o mes de agosto en seis grupos de idade, con dúas sesións semanais. A maiores, durante os meses de xullo e agosto a Piscina Municipal acollerá un servizo gratuíto de Bibliopiscina, dirixido polo voluntariado local, para que “cando a rapazada se aburra un pouco da auga teña tamén un punto onde ler, colorear ou facer outro tipo de actividades de lecer, dándolles así un pouco de respiro ás familias”, apunta o técnico municipal de Deportes, Germán Romero.

Verán Activo 2026

Indicaron que este venres 3 de xullo abriuse o prazo de preinscrición nos campamentos do Verán Activo 2026 para menores empadroados en Lousame. Uns campamentos dirixidos a nenos e nenas, de entre 6 e 15 anos de idade, que terán lugar do 3 ao 7 de agosto, en horario de 9:00 a 20:00 horas, co polideportivo da Silva como epicentro das actividades.

“Mantemos o horario de todo o día porque á xente lle gusta, aínda que se algunha familia precisa deixar ao pequeno antes das nove da mañá tamén poderá facelo dende as 8.15 horas”, indicou Silvia Agrafojo.

O prezo dos campamentos é de 45 euros e inclúen un amplo e variado programa de actividades deportivas e de auga, con inchables, saídas á piscina, sendeirismo… “e este ano recuperamos as excursión á praia”, adianta Esteban Ares.

Noites de cine

En colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, o Concello de Lousame ofrecerá dúas sesións de Noite de Cine: Sirat, premiado filme de Oliver Laxe, o 12 de agosto no Corral de Arriba de Camboño; e Dragonkeeper, filme de animación o 19 de agosto no exterior da Casa da Cultura. “Queremos sacar as Noites de Cine da Casa da Cultura e comezar a levalas polas parroquias. Nesta primeira ocasión será Camboño, na contorna do palco da música, e iremos buscando novos lugares para próximas sesións”, explica Silvia Agrafojo.

Nesa primeira quincena de agosto está previsto tamén a celebración das Leisure Activities, cursos de inglés gratuítos para a rapazada de Lousame no local social do Sanguiñal. Unha actividade que está pendente de fixar a data definitiva, xa que os cursos son impartidos polas voluntarias europeas, que chegarán nos próximos días a Lousame.

A programación especial de verán pecharase o 28 de agosto cunha gran festa de despedida das actividades na Piscina Municipal de Lousame.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.