O nordés garante un arranque de xullo seco, solleiro e con calor en ascenso nas Rías Baixas e Santiago

01 Xullo 2026

Galicia continuará baixo influencia anticiclónica que garantirá a estabilidade atmosférica de cara ás vindeiras xornadas. A persistencia da circulación de ventos de compoñente nordés deixará un panorama de tempo seco e xeralmente solleiro, unha situación que se deixará notar con especial intensidade na contorna de Santiago de Compostela e nas Rías Baixas.

As temperaturas mínimas manteranse sen grandes cambios nas vindeiras horas, o que asegura noites frescas e agradables para o descanso. Pola contra, os valores máximos experimentarán un lixeiro ascenso, o que elevará os termómetros durante as horas centrais do día e permitirá desfrutar dun ambiente plenamente estival.

Sol e calor nas Rías Baixas, ceos despexados en Compostela

Nas Rías Baixas, a combinación de ceos limpos e o ascenso das temperaturas máximas ofrecerá unhas condicións inmellorables para acudir aos areais, coa vantaxe engadida de que os refachos máis fortes de vento quedarán restrinxidos ao litoral noroeste (comarca de Fisterra e Ortegal). Nas rías baixas o vento do nordés soprará con intensidade moderada, mitigando a sensación de calor nas zonas de praia.(33 graos de máxima)

Pola súa parte, en Santiago de Compostela e nas comarcas do interior da provincia a xornada estará marcada pola total ausencia de nubes. A capital galega terá tempo seco e soleado, ideal para as actividades ao aire libre, aínda que se recomenda precaución nas horas de maior insolación debido a ese repunte previsto nas temperaturas máximas. (29 graos de máxima).

meteogalicia

O noso mar; Vento do nordés á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 4 a 6 á mañá e á tarde e 5 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.