“O marisco xa non quita a fame das familias mariscadoras galegas” – Antón Luaces

15 Xullo 2026

Son varias as causas que inciden na morte anunciada do marisqueo en augas da comunidade autónoma galega. Pero fundamentalmente inciden en tal feito a desalinización das augas, a falta -como en todo o que ten que ver co sector en Galicia de remuda de mariscadoras/es a pé ou en embarcación, o furtivismo, as toxinas recorrentes, os vertidos contaminantes ao mar procedentes da industria e a escasa rendibilidade económica do oficio para as familias mariscadoras.

Aqueles que peiteamos canas desde vai moitos anos ou que nen canas temos xa que peitear porque o pelo quedou no camiño, tivemos tempos nos que era practicamente imposible achegarse a unha das moitas praias das rías -desde Baiona a Ferrol- e non ver en plena faena a milleiros de mariscadores rañando na area para extraer uns quilos de berberecho ou ameixa, de longueirón e outras especies que se vendían nas lonxas e prazas a prezos máis ou menos rendibles que permitían a supervivencia dun oficio e a posibilidade de, por exemplo, que as mulleres cotizaran á Seguridade Social para dispoñer así de dereitos médicos dos que carecerían en caso de seren solteiras ou non teren familiares, que as integraran na súa “cartilla”. Serían, asimesmo, mulleres sen dereitos hospitalarios, algo que hoxe teñen a man.

O marisqueo obviou todos estes problemas, se ben algúns deles petan novamente nas portas das casas porque o marisqueo esmorece a pasos axigantados. Pasa pola peor crise do século e a debacle é histórica no sector polos exceso de choivas, os temporais e as toxinas de todo tipo que afectan de xeito evidente porque provocan a morte de toneladas de moluscos, obrigando a pechar prematuramente zonas de marisqueo e disparando os prezos duns produtos que non están ao alcance do poder adquisitivo dos cidadáns medios. 

O marisqueo agoniza. Está, como dicía en Ribeira Andrés “O Caxado”, dando as boqueadas. E non se albiscan solucións de futuro.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.