O Consorcio de Santiago licita a restauración do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres e da capela de Castelao en Bonaval

27 Xullo 2026


O orzamento da actuación actualízase ata os 167.058,90 euros para adaptarse ás condicións actuais do mercado e garantir a execución das obras
O Consorcio de Santiago publicou na Plataforma de Contratación do Sector Público a nova licitación das obras de restauración da nave de acceso ao Panteón de Galegas e Galegos Ilustres e da capela que alberga o sepulcro de Castelao, no conxunto de Santo Domingo de Bonaval. O prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 4 de setembro de 2026, e o orzamento base de licitación ascende a 167.058,90 euros (IVE incluído), despois da súa actualización para adaptalo ás condicións actuais do sector da construción, tendo en conta o incremento do custo dos materiais e as dificultades engadidas derivadas do derrubamento parcial do muro do cemiterio de Bonaval.
Restauración do conxunto monumental
A intervención permitirá acometer a restauración integral da nave de acceso ao Panteón de Galegas e Galegos Ilustres e da capela onde repousan os restos de Castelao, actuando sobre as principais patoloxías detectadas no inmoble.
Os traballos centraranse na resolución dos problemas de humidades e filtracións, así como na recuperación dos revestimentos e das pinturas murais deterioradas, co obxectivo de mellorar as condicións de conservación do conxunto e garantir a protección dos seus valores históricos, artísticos e patrimoniais.
Esta actuación forma parte das intervencións que o Consorcio de Santiago desenvolve para a conservación do patrimonio histórico da cidade, contribuíndo á
preservación dun dos espazos de maior significado simbólico e cultural de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.