O BNG de Outes propón proxectos alternativos para A Serra “libres de formigonadas”

08 Xullo 2026

O BNG de Outes proxectou diferentes proxectos para A Serra “libres de formigonadas”, nas súas palabras. Trátase, sinalan, “dun plan que é unha alternativa a prol da seguridade viaria, de máis zonas verdes, de novas prazas de estacionamento e de máis vivenda pública de alugueiro accesíbel no centro da vila”. A proposta foi presentada no pasado pleno e, segundo informa a agrupación, é unha opción contraposta aos investimentos previstos polo Goberno municipal do PP para a contorna da Horta do Muíño. Dende a formación consideran que “os preto de 370.000 euros previstos para dúas actuacións de formigonado deben destinarse a proxectos que respondan ás necesidades reais da veciñanza e melloren a calidade de vida no núcleo urbano”.

Creación de vivenda pública

Fronte a esta proposta, o BNG aposta por “redistribuír o investimento para executar actuacións que melloren de maneira efectiva o centro urbano de Outes”. O proxecto nacionalista inclúe a apertura ao público da parcela do hórreo da Horta do Muíño co posicionamento de bancos e arborado, un espazo de estancia para a veciñanza.

Estacionamentos no Centro de Saúde

Asemade, a parcela lindeira ao Muíño na avenida de San Campio, cederíase á Xunta de Galicia para poder construír vivenda pública de alugueiro accesíbel, aliviando o mercado da vivenda en Outes. Segundo Anxo Núñez, “a parcela que o PP quere converter nun aparcadoiro é unha das poucas parcelas urbanizábeis que quedan no centro da vila. O máis intelixente é poñela ao servizo dun problema real como é o acceso á vivenda, facilitando a súa cesión á Xunta para construír vivenda pública de alugueiro e fixar poboación no noso concello”.

Entorno da Horta do Muíño

Critica tamén que o Goberno do PP pretenda investir 189.999,52 euros “para asfaltar o principal acceso á Horta do Muíño e 180.009,70 euros na creación dun novo aparcadoiro a escasos metros do estacionamento do Froiz”. Estamos a falar, di, “de máis de 6.000 euros por cada nova praza de aparcamento”.

E engade: “O PP pretende gastar case 180 mil euros para crear un aparcadoiro que apenas terá utilidade un día ao ano, cando xa existen máis de 200 prazas de estacionamento na contorna da avenida de San Campio. É claro que ese non é o mellor uso dos cartos públicos, xa que non atende a ningunha necesidade comprobada cun debido estudo técnico nin á demanda veciñal”, afirma o portavoz municipal do BNG, Anxo Núñez, apuntando que “o importe resultante diminuiría e podería aplicarse a outras prioridades da contorna como a creación de novas beirarrúas no Conchido e a Escola de Música e entre o novo tanatorio do Bosque e o IES Poeta Añón, así como a ampliación do aparcadoiro situado xunto ao Centro de Saúde, incorporando máis de 30 prazas e urbanizando a contorna.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.