Noia apoia o seu talento emerxente coa gran cita do Festival Rúas Vivas o 25 de xullo

21 Xullo 2026

O Campo da Feira de Noia converterase o vindeiro 25 de xullo no escenario principal da cultura noiesa coa celebración do Festival Rúas Vivas. Trátase dunha proposta integral de máis de doce horas de programación continua que mestura música en directo, teatro infantil, artesanía e gastronomía, co obxectivo de pór o broche de ouro ao calendario cultural do mes e servir de escaparate para os novos creadores locais.

A presentación oficial tivo lugar este matín coa presenza do tenente de alcalde e concelleiro de Festexos, Manolo Seijas, quen subliñou o vínculo histórico da vila coa música e a necesidade de abrir espazos á canteira local. «Deseñamos unha xornada para todos e todas», destacou o edil, lembrando que a cita concibiuse para o gozo de públicos de tódalas idades.

Unha xornada completa: de xogos infantís a concertos nocturnos

A parte organizativa, detallada por Alba Burke, contempla unha oferta variada que arrancará desde primeira hora do día:

  • Pola mañá: Teatro infantil, xogos para os máis pequenos e unha sesión vermú a cargo de Troula na Barquiña.
  • Durante todo o día: Feira de artesanía, zona gastronómica con foodtrucks e pulpeira, e ambientación musical a cargo de DJ Clo.
  • Peche da festa: A sesión nocturna e o fin de festa correrán a cargo dos muradáns Lisdexia como artistas convidados e de DJ Casanova.

Os protagonistas: ilusión, rock e reencontros

O acto de presentación contou coa voz dos propios artistas que subirán ao escenario, quen amosaron o seu entusiasmo por actuar na casa:

Malena Domínguez Prego (Baixista de Kármax): «Para nós é a primeira oportunidade de tocar en directo. Estamos moi ilusionadas de poder compartir diante da nosa xente este proxecto que iniciamos por aburrimento».

Eros Figueroa (Baterista de Zorzavella): Agradeceu ao Concello o apoio aos grupos novos e adiantou que ofrecerán «todas esas covers de rock e heavy metal que levamos ensaiando durante tanto tempo».

Pablo Romeu “Rhome” (Músico e produtor noiés afincado en Madrid): Prometeu un concerto moi especial no que unirá as súas orixes cos seus traballos actuais: «Tratarei de facer un fío narrativo entre as dúas etapas da miña carreira: xuntar os temas de cando comecei aquí, sampleando a Los Tamara, con todo o que fun facendo nos últimos anos».

Colaboración veciñal e tecido asociativo

O desenvolvemento do Rúas Vivas conta ademais con un forte apoio do tecido social do municipio. O Concello de Noia quixo agradecer expresamente a implicación da Sociedade Liceo de Noia, o Club Noia Patín, a Asociación Pro Saúde Mental A Creba, Noia Limpa, Noia Histórica e Alquinoia, entidades fundamentais para coordinar esta xornada festiva no Campo da Feira.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.