Martes de sol e calor nas Rías Baixas e Santiago, coa ollada posta nas brétemas do litoral

27 Xullo 2026

As temperaturas máximas manteranse en valores moi elevados e as mínimas irán en ascenso nunha xornada marcada polo dominio das altas presións.

As Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán este martes 28 un día de marcado ambiente estival, baixo a influencia directa das altas presións e a entrada duna masa de aire moi cálido que deixará os ceos case completamente despexados durante boa parte da xornada.

Nas primeiras horas da mañá poderán formarse algunhas néboas illadas no interior, que se desharán rapidamente a medida que avance o día para dar paso a un sol dominante. Pola tarde, no entanto, non se descarta a entrada de brétemas costeiras ao longo da fachada atlántica, un fenómeno habitual nestas condicións de calor e estabilidade.

Polo que respecta aos termómetros, as temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, polo que a noite será máis tépida do habitual. Pola súa banda, as máximas apenas sufrirán cambios, manténdose en valores calorosos e propios da época estival en toda a área de Santiago e nas Rías Baixas.(máximas de 32 a 33 graos).

Os ventos soprarán frouxos en xeral, de compoñente oeste-noroeste, favorecendo unha suave brisa na liña de costa.

meteogalicia

O noco mar: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar ovellado. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.