“Marrocos non é alleo á invasión de Ceuta por migrantes marroquìs e arxelianos” – Antón Luaces

31 Xullo 2026

O Goberno español mobilizou ao Exército nas últimas horas de onte, xoves. Foi esta unha decisión que tenta pór remate á invasión de Ceuta por un mínimo de dúas mil persoas que se identifican coma migrantes e que fan que en España se rememore agora a denomjnada “Marcha Verde”, unha invasión pacífica e masiva que, en novembro de 1975 e cando Franco finaba, organizara o rei Hassán II de Marrocos. Daquela, máis de 300.000 civís marroquís cruzaran a fronteira do Sáhara español nunha tentativa de forzar a España  a ceder o territorio aproveitando, como se dixo, a agonía de Franco e a asunción interina da xefatura do Estado polo príncipe Juan Carlos de Borbón.

Consecuencia de todo elo foi a sinatura dos denominados Acordos de Madrid o 14 de novembro de 1975 polos que España entregou a administración do territorio do Sáhara Español a Marrocos e Mauritania.

O xoves da semana pasada, España e Marrocos acordaron regular a coordinación e os esforzos de cara a afrontar a crise migratoria que afecta a Ceuta, a cidade autónoma española do Norte de África a onde na última quincena chegaron máis de 2.000 persoas. Ambos os países comprometéronse a revisar e implementar medidas que permitan a entrega o antes posíbel de todas as persoas que ilegalmente entraron en  territorio español.  

 Hoxe, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,  e o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, viaxan a Ceuta para coñeceren sobre o terreo a situación xerada pola entrada sen control de persoas procedentes de Marrocos. Sánchez manterá un encontro con representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, co presidente da Cidade Autónoma, delegado do Goberno, responsábeis da Policía Nacional e da Garda Civil e os directores do Centro de Estadía Temporal de Migrantes e da Cruz Vermella en Ceuta.

Como antesala a esta viaxe, o ministro do Interior conversou telefónicamente co presidente ceutí, a quen informou do despregamento dos reforzos de Policía Nacional e Garda Civil na cidade autónoma, así como do acordo acadado co Ministerio de Defensa para a mobilización dos seus efectivos en apoio da Garda Civil. O ministro trasladou tamén ao presidente ceutí o apoio e compromiso do Ministerio do Interior para manter a seguridade en Ceuta e restablecer canto antes a situación de normalidade.  

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.