“Junts, un actor clave na inestabilidade do Goberno de Pedro Sánchez” – Antón Luaces

08 Xullo 2026

Era sabido: “Junts”, o partido dos postconverxentes cataláns, non é un socio fiable porque, como di o vello refrán, “de caste lle ven ao galgo”.

Ao igual que outros partidos do arco parlamentario español, Junts ten unha longa e histórica tradición no senso de provocar a inestabilidade daquelas organizacións políticas ás que, nun momento determinado e favorable á súa liña dereitista catalanista, apoia. Provocando moitas veces tal inestabilidade, tenta rendibilizar a mesma para aparentar ser máis grande. Sábeno ben  os socialistas cataláns, o PP, o desaparecido “Ciudadanos”, ERC. Junts é o que o corpo social do partido quere: gañar, gobernar, aínda que sexa emporcando a política ata extremos indicibles. Se hai que ir a Waterloo, vaise, porque convén non se sabe a quen, pero convén: o caso é navegar na inestabilidade ata que o barco no que se enrolou afunda. E desta vez o que semella estar a piques de naufragar é un PSOE que, por carecer, mesmo carece de salvavidas. 

Junts non goberna: opta porque goberne outro e ofrece un apoio aparentemente válido ata que muda a situación. Apoia ao Goberno de Madrid, sabedor de que o día de todos os santos político chegará en algún momento. Será daquela o momento de petar na mesa e dicir claro e forte: “ata aquí chegamos”. E nunca se pregunta por que. O que importa é o caldo de cultivo que fixo na pota para, a partir dese instante, poñer trancas nas ventás e nas portas e que os queden dentro esmorezan cada pouco ata que o corpus se descompoña. Os anos de experiencia.

Non, Junts, non é un socio fiable na historia da política española: así se evidencia desde a restauración da democracia en España e a institucionalización do popular “ja soc aquí” de Josep Tarradellas.

Agora pon riba da mesa unha moción secundada pola propia Junts, PP, Vox, UPN e Coalición Canaria na que a organización catalanista -que non pon ascos a facer política en Madrid- xoga o papel fundamental de promotor dunha situación que, presumiblemente, vai levar a Pedro Sánchez a presentar a súa dimisión á fronte do Executivo cando non  a convocar eleccións anticipadas na próxima primavera. Así Junts incide na inestabilidade do Executivo socialista malia a decisión deste de sacar adiante os Orzamentos do Estadio para 2027. 

Será a baza a empregar por Núñez Feijoo para, finalmente, acceder á Moncloa?.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.