“Gravar vídeos” – Xulio Xiz

30 Xullo 2026

Para min, o mellor exemplo da evolución da fotografía – da evolución do mundo – téñoa no cambio experimentado desde o meu tempo de xornalismo escrito ata a actualidade. Claro que o tempo transcorrido aseméllase tamén bastante ao concepto de eternidade.

Ao comezo dos anos oitenta, cando as crónicas se mandaban xa por teletipo e as fotos por coche de liña, por mor dun acto importante celebrado na tarde noite, viaxei adrede á Coruña para levar unha única foto que ao día seguinte tiña que saír no xornal.

Agora as fotos e os vídeos pode facelas un rapaciño que saiba andar, e transmítense, supoño que á velocidade da luz a calquera punto do mundo.

E hai fotos e vídeos de interese público, e hai outros froito do morbo e/ou mala fe. Gravar a unha pobre muller que intenta baixar da muralla pola brava, en lugar de salvarlle a vida é unha ignominia; gravar os golpes que recibe un rapaz indefenso na noite lucense parece querer darlle a razón aos que pensan que os animais de compañía son máis persoas ca algunhas persoas.

Os aparellos que todos manexamos, para comunicar ou incomunicarnos cos demais, en si son perfectos compañeiros de viaxe, por ser magnífica axuda para unha vida normal, facilitando un sen fin de tarefas e servizos. Non está o mal nos aparatos senón o mal uso que deles fan persoas incompletas; non son os aparatos os deficientes; son de humanidade dubidosa os que os utilizan mal.

Pódese pensar que quen grava unha agresión, un delito, está movido polo interese de deixar constancia para que a policía – a xustiza, en fin – poida usalo como proba. Pero temo que pecaría de parvo se pensase que neste caso ocorreu así.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.