Éxito de participación no broche de ouro do XII Campus Juan Gómez Barreiro, en Outes

10 Xullo 2026

O Campo Municipal do Conchido viviu este venres 10 de xullo unha xornada de clausura festiva e emocionante co final do XII Campus de Fútbol Juan Gómez Barreiro, organizado polo Outes C.F.

A edición de este ano pechou as súas portas “consolidándose como un referente da formación deportiva estival na comarca, alcanzando unha destacada cifra de 61 nenas e nenos inscritos”, informou o Concello de Outes.

Durante estas dúas semanas, os participantes desfrutaron de adestramentos técnicos, xogos de convivencia e aprendizaxe de valores ligados ao deporte.

Dende o Concello engadiron que o éxito do campus non tería sido posíbel “sen o traballo do equipo de 10 monitores, encargados de guiar as sesións formativas, garantir a seguridade dos pequenos e transmitir a metodoloxía do club”.

Na cerimonia de clausura deste venres deuse 10 de xullo por rematada a actividade coa entrega de diplomas individuais e un recoñecemento público ao esforzo de todos os futbolistas, contou coa presenza do alcalde Francisco Calo Abelleira e o concelleiro de Deportes, José Antonio Caamaño Lestón.

O rexedor destacou o éxito da participación no campus, e que as rapazas e rapaces desfrutaron dunha convivencia e desfrute do deporte, e agradeceu os organizadores o desenvolvemento do campus.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.