Este venres 10 arrincan as Festas do Verán de Cures

07 Xullo 2026
ACTIVIDADES – 78

Este venres 10 de xullo comezan na parroquia boirense de Cures as Festas do Verán 2026, que ofrecerán actividades lúdicas, culturais, relixiosas e gastronómicas ao longo de toda a fin de semana (dende o venres ata o domingo 12 de xullo).

A axenda dará comezo o venres 10 de xullo ás 22.30 cunha verbena amenizada por Leite con Jalletas e DJ Curi e Xacobo.

O día seguinte adicado a San Antón, comezará con dianas e alboradas e logo cunha sesión vermú a cargo do Dúo All Stars.

Previamente, ás 12.30 horas, haberá unha misa solemne na honra de San Antonio con música tradicional a cargo de Abeloura. Tamén haberá xogos para a rapazada e unha festa da escuma.

Pola tarde na pista deportiva de Ameán celebrarase o Torneo de Bolos “Festa de Cures”.

Pola noite, verbena con Blanca Doble e DJ Manux.

O domingo 12 de xullo comezará con dianas e alboradas e cunha misa solemne adicada ao Sacramento. Logo comezará unha sesión vermú co Grupo Open Drink.

Organiza a veciñanza de Cures coa colaboración do Concello de Boiro.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.