“E veu!. Unha treboada intensa aliviou nas últimas horas do sábado a forte calor”. Antón Luaces

12 Xullo 2026

Cando estabamos afacéndonos a termos luz de día ata as 23,00 horas, o ceo deu en se tinguir de chumbo e estralou nun balbordo de tronos e forte choiva que moito ben trouxo a unha Galicia seca na que algúns concellos comezaban a limitar o consumo de auga potábel. Unha imaxe esta que fai anos non se producía nesta comunidade autónoma, aínda que o campo e os xardíns municipais deran probas de esgotamento hídrico e o persoal saíse á rúa dotado de paraugas e parasois e abanos cos que combater os efectos do sol abrasador que aos pouos nos abrasaba.

É unha proba máis do errado dos partidos negacionistas que botan man de calquera subterfuxio para negar o evidente: o cambio climático non é un recurso de mal pagador empregado pola esquerda e os nacionalismos para xustificar un tan ingrato problema como é o da seca. 

Galicia é naturalmente verde. E os galegos estamos afeitos a que nos chova mesmo durante os meses de verán varios días seguidos. Por este motivo non nos custa tanto botar man do paraugas para evitar mollármonos. Pero non para, madia leva, nos resgardar do sol desde maio a agosto. Esta non é a Galicia á que estamos acostumados. 

O de onte foi un día rarecho: de ceos anubrados, de cór de chumbo e pesados coma unha lousa de mármore que alguén suxeitara sobre o noroeste peninsular, cunha cumbia moi sonora riba de nós para amenizar as horas de entre lusco e fusco ao ritmo dos Satèlites do inesquecible “Sito”.

E veu, sí, a treboada que lavou as rúas resecas e os anxos tocaron no ceo as maracas que abren a terra para que ese ceo preñado de choiva dea un pequeno respiro a unha paisaxe á que Manolo Chinglám “dirixía” maxistralmente na praza Otero Goyanes de Ribeira nas festas de agosto.

Choveu, efectivamente, máis non abundou como para refrescar suficientemente. Oxalá chovera café no campo, cantaba vai anos o Juan Luis Guerra. A nós sírvennos uns litriños de auga, non  moitos, por metro cadrado de Galicia.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.