Ceos nubrados e temperaturas suaves nas Rías Baixas e Santiago para o martes

13 Xullo 2026

A inestabilidade meteorolóxica continuará marcando o ritmo en Galicia durante a xornada deste martes, 14 de xullo, San Camilo. A comunidade seguirá baixo a influencia dunha baixa relativa localizada ao oeste da península Ibérica, o que manterá o territorio nun réxime de ventos do sur, polo xeral frouxos.

O comportamento do tempo variará de oeste a leste:

  • Rías Baixas e Santiago de Compostela: Agárdase unha xornada de ceos parcialmente nubrados, coas nubes máis compactas e persistentes concentradas nas comarcas atlánticas. Aínda que o risco de precipitacións nestas zonas é baixo, a sensación será de ceos tapados durante boa parte do día.
  • Interior de Galicia: Pola tarde poderán rexistrarse algúns chuvascos illados nas provincias de Lugo e Ourense.

Termómetros contidos para a época do ano

As temperaturas experimentarán poucos cambios ou, en todo caso, lixeiros ascensos en comparación cos días anteriores. Con todo, os valores seguirán sendo moi suaves e incluso baixos para o que é habitual a mediados de xullo nalgúns puntos da comunidade. (máximas de 25 graos).

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sueste á noite, forza 2 a 3 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.