Buxán coróase na XX edición do Torneo Interparroquial de Fútbol 7 de Roisco protagonismo de Ana Calvo

13 Xullo 2026

O campo do Pino, en Urdilde, acolleu o pasado sábado unha das citas máis agardadas do deporte local: a XX edición do Torneo Interparroquial de Fútbol 7 – Concello de Rois. Unha intensa xornada de fútbol, convivencia e emoción que reuniu a 10 equipos representativos das diferentes parroquias do municipio.

O gran triunfador do torneo foi o equipo de Buxán, que se proclamou campión tras asinar un campionato espectacular de principio a fin.

Unha barreira infranqueable baixo os paus

Máis aló do título colectivo, o torneo deixou un nome propio gravado con letras de ouro: o de Ana Calvo Viturro. A gardameta de Buxán asinou unha actuación soberbia, converténdose na porteira menos goleada ao encaixar unicamente 9 tantos en toda a competición.

O seu gran papel non só foi decisivo para que o seu equipo erguera a copa de campións, senón que tamén serviu para que Buxán recibise o trofeo ao equipo menos goleado. Desde o Concello de Rois trasladaron os seus parabéns máis efusivos a Ana polo seu gran papel, aproveitando para animar a que cada vez máis mulleres se sumen e participen nas vindeiras edicións deste torneo.

Ao remate da xornada, o concelleiro de Deportes, José Luis Ares Martínez, foi o encargado de entregar os trofeos e felicitar a todos os conxuntos participantes pola deportividade amosada.

Así quedou o cadro de honra:

  • Campión: Buxán
  • Subcampión: San Pedro
  • Terceiro posto: Urdilde

Distincións individuais e especiais:

  • Equipo máis deportivo: San Xoán (10º clasificado)
  • Equipo menos goleado: Buxán (coa porteira Ana Calvo Viturro)
  • Máximo goleador: Pablo Rey Martínez (do equipo de Urdilde)

O Concello quere expresar o seu sincero agradecemento a todos os equipos pola súa excelente actitude, á SD Urdilde Oficial pola magnífica acollida nas súas instalacións e a todas as persoas que sumaron o seu gran de area para facer desta vixésima edición un éxito absoluto.

Outros artigos

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cazar grallas para vencer ao demo”. Xosé Antonio López Silva

“Cazar grallas para vencer ao demo”. Xosé Antonio López Silva

En xaneiro morreu en Barcelona, aos 93 anos, José Martínez de Sousa, a máis alta autoridade na ortografía, a tipografía e a corrección editorial en castelán. Era do Rosal, abeirado ao Miño. Orfo de cativo, formouse como tipógrafo entre chumbos e caixas de tipos dende...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.