O Concello de Boiro celebrou este xoves día 23 o pleno ordinario da Corporación local correspondente ao mes de xullo.

A sesión, que como de costume pode verse íntegra a través da canle municipal de YouTube, saldouse con importantes acordos, como por exemplo a proposta de irmandamento entre Boiro e a localidade de Eltziego (Áraba, Euskadi), que foi aprobada por unanimidade por 16 votos a favor, e que debullou nos seus detalles o Goberno local, sinalando que “a diversidade deste municipio xunto coa de Boiro, constitúen unha oportunidade para o enriquecemento mutuo mediante o intercambio de coñecementos e boas prácticas en ámbitos como a promoción turística e patrimonial, a gastronomía, a cultura ou o desenvolvemento económico”. Dende o Executivo tamén lembraron que “dende hai anos ambos os dous municipios manteñen un forte vínculo ao realizar intercambios culturais e gastronómicos entre a veciñanza de cada concello que se despraza para poñer en valor os seus produtos e dar a coñecer o seu patrimonio e a súa cultura”. O irmandamento, sinalaron, crea agora un marco permanente de colaboración.
1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 25 de xullo – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).
2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 27 de xullo – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).
3. Resolución de alegacións e aprobación provisional da modificación puntual do PXOM Vial Conexión DP-1107 e DP-1106 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 votos en contra (PP, BNG e Boiro Novo).
4. Modificación de créditos – aprobación con 14 votos a favor (PSOE e PP), 2 votos en contra (BNG) e 1 abstención (Boiro Novo).
5. Resolución reclamación da CMVMC de Abanqueiro para excluír do inventario municipal a parcela con referencia catastral 15011a012004210000XP – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG e Boiro Novo).
6. Designación de festivos locais 2027 – aprobación por unanimidade (16 votos a favor).
7. Irmandamento entre os municipios de Boiro e Elciego – aprobación por unanimidade (16 votos a favor).
8. Moción do grupo municipal do BNG en apoio ás traballadoras do comercio de alimentación da provincia da Coruña – aprobación por unanimidade (16 votos a favor).




