“Benvidos campións” – Antón Luaces

21 Xullo 2026

Chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez de Madrid-Barajas. Era primeira hora da tarde do luns. Visitaron aos Reis de España no palacio da Zarzuela e  ao presidente do Goberno na Moncloa. A continuación, nun autobús descuberto, fixeron unha ruada por Madrid que rematou en Cibeles. Calculan que foi máis dun millón e medio as persoas  que, na capital de España, seguiron con paixón ao equipo que integra a selección nacional española de fútbol. Moitos máis seguimos á bicampioa do mundo de fútbol na desputa televisada o domingo coa selección nacional de fútbol de Arxentina á que os españois gañaron merecidamente no estadio de Nova York por 1-0. 

Algúns xogadores arxentinos non aceptaron deportivamente a derrota, cousa que si fixo Messi e o propio Sacaloni, ex-xogador do Deportivo da Coruña e actual seleccionador de Argentina. Esa actitude pouco ou nada deportiva vai ser analizada pola FIFA. Nomeadamente pola agresiva actuación de Almada e Paredes co español Gavi durante a entrega de trofeos. O organismo internacional de fútbol decidirá se abre expediente sancionador contra estes dous xogadores e outros da selección albiceleste que amosaron o seu “mal perder” mentres Messi, afastado dos seus, choraba por un resultado co que, posiblemente, poucos ou ningún deles contaban. 

Malia esa conduta tan  pouco edificante, a selección española engade unha segunda estrela ao seu escudo, coma recoñeceron os preto de dous millóns de persoas que a acompañaron na rúa por Madrid.  

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.