AMIPA organiza este venres 24 unha nova xornada de inclusión no Camiño de Santiago

22 Xullo 2026

A Asociación AMIPA (entidade inclusiva da comarca de Sar) desenvolverá este venres, 24 de xullo, unha nova xornada do proxecto Camiño á Inclusión, unha iniciativa que promove a participación activa das persoas con discapacidade intelectual no Camiño Portugués a Santiago. Entre as 9.00 e as 12.00 horas, no adro da Igrexa da Escravitude, un grupo de persoas usuarias da entidade ofrecerá acollida, orientación e información ás persoas peregrinas que percorren esta ruta xacobea. A actividade repetirase o 29 de xullo, no mesmo horario e lugar.

As persoas con discapacidade chegarán a esta cita tras completar un programa de formación específico sobre a historia do Camiño de Santiago, atención á persoa peregrina, comunicación sen barreiras, patrimonio rural galego, habilidades sociais e outros aspectos relacionados coa hospitalidade.

Durante a xornada tamén selarán credenciais, darán a coñecer recursos da contorna e compartirán coa veciñanza e cos visitantes a artesanía e os produtos de papelería elaborados nos obradoiros de AMIPA, inspirados no Camiño e na identidade da comarca do Sar.

Camiño á Inclusión aposta por un modelo no que as persoas con discapacidade intelectual deixan de ser unicamente destinatarias de programas sociais para asumir un papel activo como anfitrioas, compartindo coñecementos e hospitalidade con persoas chegadas de diferentes países. O proxecto busca favorecer o intercambio cultural, fortalecer os vínculos coa comunidade e contribuír a unha visión máis aberta e participativa da inclusión.

A iniciativa está impulsada por Alma Peregrina, en colaboración con AMIPA, que financia o proxecto, e conta co apoio da axencia especializada Galiwonders, que colabora con recursos económicos, materiais e persoal para labores de tradución, ademais da Parroquia da Escravitude e doutras entidades vinculadas ao Camiño de Santiago. O programa desenvolverase durante os meses de xullo, agosto e setembro e culminará cun Camiño Xacobeo Inclusivo ata a praza do Obradoiro, nun acto colectivo que porá o broche final a esta experiencia de participación comunitaria.

O proxecto nace tamén da vontade das propias persoas con discapacidade intelectual de AMIPA de participar activamente na comunidade, coñecer novas persoas e desenvolver iniciativas con sentido para elas, un propósito que guía esta iniciativa desde a súa orixe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.