Abre o prazo de presentación de candidaturas ao oitavo Premio de Investigación en Cardiología Ramiro Carregal

23 Xullo 2026

O empresario e mecenas arousán Ramiro Carregal, fundador de FRINSA e afincado en Ribeira dende hai décadas, convocou unha nova edición do Premio Internacional de Investigación en Cardiología. Trátase da oitava edición deste galardón, dotado con 30.000 euros, e cuxo prazo para presentar candidaturas estará aberto até o 16 de outubro. Toda a información sobre os Premios de Investigación Ramiro Carregal está dispoñíbel na web premioramirocarregal.com, onde tamén se poden presentar directamente as candidaturas.

O empresario galego mantén o seu firme compromiso coa investigación e a sanidade ao convocar unha nova edición deste galardón, creado no ano 2018, que supuxo un paso máis na súa aposta polo mecenado no que xa contaba con destacadas accións, como un premio á investigación oncolóxica.

O presidente de FRINSA insiste en que é “un deber de toda a sociedade apoiar a investigación e a sanidade, posto que de ambas nos beneficiamos todos antes ou despois”.

O traballo que resulte gañador desta oitava edición sumarase aos sete anteriores que supuxeron un importante avance no ámbito da investigación das patoloxías e tratamentos destinados ás válvulas cardíacas. Na última edición premiouse o traballo liderado por Sonia Eiras Penas (Vila de Cruces, 1975), doutora en Bioloxía e líder do grupo de Cardioloxía Traslacional no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O seu proxecto “Medicina de precisión en pacientes con graxa epicárdica disfuncional asociada á enfermidade coronaria e ás valvulopatías máis frecuentes no noso medio! pretende identificar pacientes con patoloxía valvular asociada coa acumulación de tecido adiposo epicárdico disfuncional mediante biomarcadores e mostras de imaxe non invasivas que orienten sobre o risco a padecer estas enfermidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.