A Xunta comproba en Lousame o labor dos 5 traballadores contratados ao abeiro de Rural Activo

23 Xullo 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde, Esteban Ares, visitou este xoves 23 de xullo o concello do Lousame para comprobar o traballo que están a desenvolver as 5 persoas contratadas durante nove meses a xornada completa, ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, unha iniciativa do Goberno galego destinada a fomentar o emprego entre persoas desempregadas ao tempo que reforza a prevención de incendios forestais e a conservación do medio rural.

Durante a visita, do Campo destacou que o Concello de Lousame conta cunha achega de máis de 84.000 euros, que permitiu a contratación destes 6 traballadores para realizar actuacións de limpeza de montes, xestión da biomasa, mantemento de espazos naturais e outras tarefas de carácter forestal e ambiental.

A delegada subliñou que “este programa contribúe a ofrecer unha oportunidade laboral ás persoas desempregadas, facilitándolles experiencia profesional e mellorando a súa empregabilidade, ao tempo que permite reforzar actuacións prioritarias para a protección do territorio e a prevención dos incendios forestais”.

A representante autonómica lembrou que a Xunta resolveu unha nova edición de Galicia Suma Talento: Rural Activo, dotada con 20 millóns de euros. No conxunto da provincia da Coruña, a Xunta financiou a contratación de 282 persoas en 82 concellos, cun investimento superior aos 5 millóns de euros, consolidando esta convocatoria como unha ferramenta clave para apoiar ás entidades locais e fortalecer a prevención de lumes no territorio. No caso concreto da comarca do Barbanza, contaron co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, 11 concellos, para contratar a 45 desempregados cunhas achegas de preto de 800 mil euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.