A Xunta aproba un teito de gasto récord de 15.022 millóns para 2027, un 5,5 % máis

27 Xullo 2026

O Consello da Xunta deu luz verde este luns ao teito de gasto non financeiro para o ano 2027, que se fixa nunha cifra récord de 15.022 millóns de euros. Isto supón un incremento de 782 millóns (un 5,5 % máis) respecto ao exercicio actual. Trátase da primeira vez que a Administración autonómica supera a barreira dos 15.000 millóns de euros, un fito acadado, segundo destacou o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, sen contar cos fondos extraordinarios europeos dos últimos anos.

O texto remitirase de xeito inmediato ao Parlamento galego para o seu debate e votación esta mesma semana ou a vindeira, un paso preceptivo na comunidade antes de presentar o proxecto de orzamentos no mes de outubro.

Previsións macroeconómicas prudente

Aproveitando a aprobación do límite do gasto, a Xunta actualizou o seu cadro macroeconómico para este ano 2026, elevando a estimación de crecemento do PIB galego do 1,9 % ao 2,1 %. Así mesmo, prevé pechar o ano cunha taxa de desemprego do 8,1 %. Para o ano 2027, o Executivo mantén un cálculo “prudente” de crecemento do 1,9 % e agarda que o paro baixe ao 7,7 %, rozando así mínimos históricos.

Corgos subliñou que 2027 será o sétimo ano consecutivo de expansión económica en Galicia, un período no que a comunidade creceu por riba da media estatal. Non obstante, o conselleiro xustificou a prudencia nas cifras polas “incertezas” externas —como os aranceis e as guerras que afectan o comercio internacional— e internas, entre as que citou a “inestabilidade” do Goberno central e a ausencia de novos Presupostos Xerais do Estado desde 2023.

Nesta liña, o titular de Facenda adiantou que Galicia reducirá por cuarto ano consecutivo o seu endebedamento neto, situando a rratio de débeda sobre o PIB no 12,7 %, un obxectivo que se acadará “tres anos antes” do previsto.

Rexeitamento á quita da débeda e reclamo de financiamento

Na rolda de prensa posterior ao Consello, na que tamén participou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reiterouse o rexeitamento de Galicia á condonación da débeda proposta polo Goberno central, que na comunidade ascendería a 4.010 millóns de euros.

Rueda argumentou que Galicia “non ten un problema de débeda” e que a quita non se traduce en diñeiro real para gastar, senón que obrigaría a asumir a “mutualización” do endebedamento doutras comunidades autónomas. O titular do Executivo galego esixiu a negociación dun novo sistema de financiamento autonómico que sexa “xusto” e atenda ás necesidades reais da comunidade, criticando as negociacións bilaterais e sinalando que o modelo proposto deixa a Galicia con menos do 3 % do financiamento malia representar o 6 % da poboación estatal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.