A Xunta adxudica por máis de 200.000 euros o proxecto para a rehabilitación integral do Salón Teatro de Santiago

26 Xullo 2026

O Salón Teatro de Santiago de Compostela, sede permanente do Centro Dramático Galego (CDG), prepárase para unha profunda intervención de conservación e mellora. A Xunta de Galicia acaba de adxudicar, a través do portal de Contratos de Galicia, a redacción do proxecto básico, de execución e a dirección de obra por un importe de 200.798,47 euros ao estudio de arquitectura pontevedrés Rodríguez+Pintos SLP, que disporá duns prazos de execución de ata 25,5 meses.

Esta actuación ten como obxectivo principal resolver os problemas de deterioración do edificio e adaptalo ás esixencias actuais de accesibilidade, seguridade e sostibilidade. O proxecto abranguerá a substitución completa da cuberta e a mellora dos sistemas de evacuación de auga para solucionar os problemas de estanquidade, a mellora das vías de evacuación e accesibilidade universal, e a sectorización antiincendios entre a caixa escénica e o resto do inmoble. Así mesmo, actualizaranse as instalacións de iluminación, climatización e auga quente para optimizar a súa eficiencia enerxética.

Un espazo centenario no corazón da capital galega

A actuación protexerá un dos escenarios con máis historia de Santiago de Compostela, cuxa orixe se remonta a 1919 coa reconstrución impulsada pola Liga da Mutua de Señoras de Santiago, sendo inaugurado en 1920. Ao longo do século XX, o inmoble situado no casco histórico pasou por diferentes mans: foi sede de Acción Católica e, nos anos trinta, transformouse nun emblemático cinema da man da Empresa Fraga.

A súa fachada actual, de trazo galeguista, débese á remodelación proxectada polo arquitecto Pons Sorolla en 1949. Tras sufrir un grave incendio nos anos noventa que precipitou o seu peche, a Xunta de Galicia adquiriu o edificio en 1996 para devolverlle a súa vocación teatral. Trala rehabilitación dirixida polos arquitectos Baltar, Bartolomé e Almuiña, o Salón Teatro reabriu as súas portas o 29 de outubro de 1999 coa obra Si o vello Sinbad volvese ás illas…, consolidándose desde entón como o epicentro da creación e exhibición do teatro público galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.