A Romaría de Exipto encherá de actividade a parroquia de Abanqueiro os días 31 de xullo e 1 e 2 de agosto

30 Xullo 2026

O Concello de Boiro colabora coa Comisión de Festas de Exipto nunha nova edición da súa tradicional romaría. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación xunto con Vanesa Fernández e Cocó Blanco representantes da comisión.

As actividades comezan este venres 31 de xullo con actos litúrxicos, un espectáculo infantil de Raquel Queizás e a primeira edición do festival O Retumbar da Telleira que contará cos concertos de Malfinde, Belako, Mujeres e sesión de Rapariga DJ. “Este programa de actividades con espazo para todos os públicos é unha realidade grazas ao apoio da veciñanza e tamén das empresas colaboradoras”, recoñeceu Vanesa Fernández

O sábado 1 de agosto a actividade comezará coa alborada a cargo de O Ar de Loureda e Arume, haberá actos litúrxicos, animación infantil con festa da espuma, sesión vermú amenizada pola Orquestra Neverloura e sardiñada popular. Xa pola tarde torneo de birlos, batucada e, pola noite, verbena co Dúo Charada e Orquestra Platinum.

O domingo haberá actos litúrxicos e alborada con O Ar de Loureda e Arume; mercado ecolóxico A Eira dos Oficios coa asociación Alumiña; ás 12.00h misa e procesión coa actuación do grupo de baile de Abanqueiro e sesión vermú con Tremenda Sudada. Romaría amenizada por O Ar e Loureda e Home Orquestra con xogos populares.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, animou á veciñanza a achegarse a Exipto e recoñeceu o gran traballo da comisión que “recuperou unha romaría tradicional e fai un gran esforzo para contar cada ano con propostas para os distintos públicos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.