A rapazada da Escola de Verán de Dodro coñece o funcionamento do Concello

28 Xullo 2026

Continúan as actividades de lecer da Escola de Verán do Concello de Dodro. A semana pasada a rapazada participante saíu de excursión, descubrindo algúns dos espazos municipais do termo municipal. Ademais, tiveron ocasión de visitar a Casa da Cultura onde coñeceron de preto a biblioteca e a aula de informática e onde puideron achegarse aos recursos e servizos que están á disposición da veciñanza. Logo achegáronse ao Concello, onde foron recibidos por Ramón Abuín, tenente de alcalde, e Teresa Batalla, concelleira de Servizos Sociais e Igualdade. Alí, os nenos e nenas converteron a visita nun auténtico pleno municipal, formulando preguntas, facendo propostas e trasladando diferentes rogos aos representantes municipais.

“Foi unha experiencia moi enriquecedora para coñecer o funcionamento da Administración local e fomentar a participación desde as idades máis temperás”, informou o Concello, lembrando que a Escola é unha actividade enmarcada no Plan Corresponsables, está cofinanciada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, polo Ministerio de Igualdade e polo Concello de Dodro.

O programa deu comezo o pasado 22 de xuño e prolongarase ata o vindeiro 4 de setembro, co obxectivo de promover a conciliación da vida familiar, laboral e persoal, así como impulsar modelos de corresponsabilidade e igualitarios entre a veciñanza de Dodro.

Esta actividade, co-financiada polo Concello de Dodro, a Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdade do Goberno de España, ofrece unha ampla variedade de actividades das que están a gozar ao longo do verán máis de 60 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

A Escola de Verán desenvólvese principalmente nas instalacións do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, converténdose nun espazo de lecer, aprendizaxe e convivencia para a infancia do municipio durante o período estival.

O programa de actividades inclúe tamén a realización de actividades festivas para as familias (como a celebración do 1 de xullo que incluíu cancións, bailes e un divertido mini partido de fútbol no que incluso algunha mamá animouse a participar) e de xornadas de traballo interxeracional coas persoas maiores de Dodro (con saídas ao Centro de Día para favorecer o lecer de pequenos e maiores e o intercambio de coñecemento).

A Escola de Verán de Dodro é totalmente gratuíta para as familias participantes, sendo Dodro o único concello da comarca que non cobra ningunha taxa por este servizo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.