A final do Mundial de Fútbol entre España e Arxentina poderase seguir en pantalla xigante nunha chea de concellos do Barbanza

18 Xullo 2026

Practicamente todos os concellos do Barbanza van habilitar este domingo pantallas xigantes para permitir a veciños e visitantes visualizar en formato grande o partido da final do Mundial Fútbol 2026 que enfrontará a España con Arxentina.

No Son

No Son a cita será ás 21:00 horas na praza de España, onde se contará cunha pantalla habilitada polo Concello.

En Noia

En Noia todo apunta a que a pantalla estará novamente habilitada diante da Casa do Concello, como aconteceu co partido previo, o que enfrontou a España con Francia.

En Outes

O Concello de Outes, en colaboración co Outes F.C., habilitará unha pantalla xigante dende as 19:00 h na praza de Galicia. Haberá animación en directo e ao final do partido Dj Juan Send continuará coa festa.

En Boiro

O Concello de Boiro contará cunha pantalla xigante na praza de Galicia o vindeiro domingo 19 de xullo para ver a final do Mundial de Fútbol que xoga en Nova York a selección española contra Arxentina, a partir das 21.00 horas.

Na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal convida á veciñanza e ás persoas visitantes a vivir de forma colectiva a final da Copa do Mundo de fútbol, que poderá seguirse este domingo, 19 de xullo, nunha pantalla xigante instalada na Praza Alcalde Segundo Durán.

A cita dará comezo ás 20.00 horas e converterá este espazo nun punto de encontro para desfrutar nun ambiente festivo e aberto a todos os públicos.

En Rianxo

As Juadalupeñas Rianxo, coa colaboración do Concello, van instalar unha pantalla de gran formato para permitir a veciños e visitantes desfrutar do partido España – Arxentina deste domingo pola noite: a final do Mundial de Fútbol 2026. A actividade comezará a partir das 18:00 horas no paseo marítimo, concretamente nos Xardíns da Ribeira. Haberá barra onde se servirán bebidas e unha zona para rapaces. Tamén haberá DJ: Fagas.

En Ribeira

Ribeira volverá contar cunha pantalla de grandes dimensións para seguir a España no Mundial; selección que disputará a final contra Arxentina no domingo, 19 de xullo, ás 21.00 horas. O visionado deste partido levarase novamente á praza do Concello. Nesta ocasión, colabórase coa Real e Ilustre Cofradía da Dorna, ao ter tamén a pantalla para as carrilanas. Compártese así para ambas actividades: primeiro, as carrilanas e, posteriormente, o partido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.