A Escola de Música e Baile Tradicional de Outes celebra o remate do curso con dúas actuacións (este venres e o seguinte)

10 Xullo 2026

A Escola de Música e Baile tradicional vai pechar o ano académico este mes de xullo con dúas actuacións, encadradas no seu Festival de Fin de Curso. A primeira das cita será este venres 10 de xullo, ás 20.00 horas, no adro da Igrexa de Santo Ourente. A segunda será a semana vindeira, o venres 17 de xullo, ás 20.30 horas en Valadares (na praza a carón da igrexa).

A Escola Municipal de Música e Baile Tradicional de Outes (EMBTO) é un centro público dependente do Concello de Outes dedicado á ensinanza e preservación do folclore galego. As súas actividades desenvólvense principalmente no antigo colexio do Cruceiro de Roo. Achega formación en instrumentos de vento (gaita, requinta, ocarina, frautín, frauta e asubío) e tamén noutros instrumentos como o acordeón e a zanfona, e tamén forma ao alumnado en percusión e en baile tradicional galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.