A Deputación da Coruña conclúe sen éxito a busca de catro vítimas do franquismo no cemiterio de Vilacoba

07 Xullo 2026

A Deputación da Coruña, a través da súa área de Dereitos Civís e en cofinanciamento coa FEMP, deu conta esta mañá dos resultados infrutuosos dos traballos de exhumación realizados no cemiterio de Vilacoba, en Lousame. O obxectivo era localizar os restos de catro persoas represaliadas durante o franquismo, cuxa busca rematou finalmente sen que puideran ser atopadas.

Esta intervención supón a terceira vez que se actúa neste cemiterio. Na primeira das ocasións si se lograra localizar un corpo que presentaba un tiro no cranio.

As vítimas obxecto de busca

Os traballos arqueolóxicos e forenses centrábanse en dar cos restos de:

  • Manuel García Hermo: secuestrado á saída do seu posto de traballo en Ribeira durante o golpe de estado de 1936.
  • As vítimas do “Triple crime de Marselle” (febreiro de 1938): Perfecto Félix Vilas Romero, María Xosefa Becerra Laíño e Antonio Vilas Romero.

O anuncio do resultado negativo da busca tivo lugar nun acto que contou coa presenza do neto de Manuel Hermo e o neto de Xosefa Becerra. Tamén asistiron a deputada de Dereitos Civís, Sol Agra; o alcalde de Lousame, Esteban Ares, canda varios concelleiros da corporación; Juan Hermida, da CRMH do Barbanza; o forense e coordinador das tarefas, Fernando Serrulla, e o arqueólogo Andrés Bonilla.

Importancia social e compromisos de futuro

Malia que os traballos non ofreceron os resultados agardados, a deputada Sol Agra defendeu a necesidade e o valor deste tipo de proxectos:

“Estas intervencións son importantes, non só pola posibilidade da devolución dos restos ás familias para que podan enterralos dignamente onde eles consideren, se non tamén pola visibilización social duns feitos, os da represión franquista, que se están pretendendo normalizar e incluso negar.”

Como resposta á situación, Agra asumiu dous compromisos xunto coa CRMH do Barbanza: a instalación dunha placa que recolla os nomes e as historias das vítimas soterradas en Vilacoba, e a tramitación da solicitude para que este cemiterio sexa declarado “Lugar de Memoria”, conforme ao establecido na lei 20/2022 de Memoria Histórica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.