A romaría náutica Inchadiña Branca Vela parte este sábado pola mañá de Rianxo ata o Espolón de Padrón

31 Xullo 2026

A décimo terceira edición da Inchadiña Branca Vela foi presentada este xoves 30 de xullo na sede da Fundación Rosalía de Castro. Trátase dunha romaría náutica e cultural na que participan aproximadamente 30 embarcacións tradicionais (principalmente dornas galegas con vela de relinga) que remontan o curso final do río Ulla. Está promovida pola Fundación Rosalía de Castro xunto coa Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa, en colaboración cos concellos bañados polo Ulla, como o de Rianxo, o de Dodro ou o de Padrón, cuxos alcaldes participaron na presentación da nova romaría, xunto co presidente da Fundación Rosalía Castro, Anxo Angueira, e a responsábel de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González.

A cita, indicaron, sairá este sábado 1 de agosto de Rianxo ás 11:00 horas.

Previamente e no marco desta celebración, este venres 31 de xullo presentarase no Pazo de Martelo (en Rianxo ás 20h) a revista galega de cultura marítima e fluvial Ardentía.

Volvendo á romaría náutica e como xa aconteceu nas dúas últimas edicións, partirá do porto de Rianxo. A expedición remontará o Ulla e o Sar ata chegar ao Espolón de Padrón, onde está prevista, arredor das 18:00 horas, a tradicional homenaxe a Rosalía diante da súa estatua

A Inchadiña Branca Vela celebrou a súa primeira edición en 2013, coincidindo co 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos. A iniciativa xurdiu das asociacións vinculadas á cultura marítima para homenaxear a Rosalía de Castro, inspirándose nos versos nos que a autora evocaba as dornas remontando o río Ulla.

As embarcacións parten da ría de Arousa e remontan o río ata desembarcar no emblemático paseo do Espolón en Padrón, moi preto da Casa de Rosalía, onde se realiza unha ofrenda floral e unha lectura pública de poemas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.