Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés.
Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e poderán superar os 34ºC en moitas zonas, deixando un ambiente especialmente caloroso.
O vento soprará do leste-nordés, moderado na maior parte do territorio, aínda que con refachos fortes na zona de Bares. A xornada estará, pois, marcada polo tempo seco, o sol e un ascenso térmico que deixará valores propios do verán en boa parte da comunidade.

O noso mar; vento do nordés á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 4. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.



