Venres 26 con tempo inestable nas Rías Baixas e en Santiago

25 Xuño 2026

Durante o venres 26, San Paio e San José María Escrivá de Balaguer, persistirá a inestabilidade atmosférica na zona das Rías Baixas e en Santiago. Agárdanse intervalos de nubes e claros con chuvascos localmente treboentos, que serán menos probables cara ao oeste xa pola noite. As temperaturas permanecerán sen cambios apreciables, con lixeiros descensos das mínimas(23 a 25 graos). Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados na maior parte da área e con intervalos fortes na Costa da Morte e en treitos expostos.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.