Unha muller falece na praia de Broña, Outes

22 Xuño 2026

Os socorristas da praia sacaron á muller da auga e trataron de reanimala, sen embargo, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Dez minutos antes das catro e media desta tarde, varios alertadores contactaban co 112 Galicia para pedir axuda. Un deles indicaba que os socorristas sacaran a unha muller da auga na praia de Broña, á esquerda do posto de socorrismo, en San Cosme de Outeiro, na localidade coruñesa de Outes, e solicitaba unha ambulancia.

Decontado, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, que derivou un helicóptero medicalizado ata o lugar. Tamén foron informados a Garda Civil, o GES de Noia, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas de Galicia.

A aeronave tomou terra no lugar dos feitos, sen embargo, tras os intentos de reanimación por parte dos socorristas e do persoal médico, a persoa faleceu.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.