“Un acto de covardía, para derrubar ao Goberno” – Antón Luaces

17 Xuño 2026

En España, o poder lexislativo corresponde ás Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados é o encargado de crear, modificar e derrogar as leis, amais de controlar  e fiscalizar a acción de goberno. Debate, elabora e aproba as leis que rexen a sociedade e actúa como a voz da cidadanía, xa que logo os seus membros son elixidos democraticamente. É asemade a encargada de elixir ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, actual xefe do Executivo, foi elixido -malia non ser o seu partido (PSOE) o que acadou a maioría dos votos electorais, que correspondeu ao PP-. Sen embargo, constituída a cámara baixa, os votos da maioría dos deputados electos decantáronse polo candidato socialista á presidencia do Goberno, quedando constituído este na actualidade por unha coalición PSOE/SUMAR con apoios circunstanciais de Podemos, ERC, PNV e Junts. 

Con dificultades, o Goberno de Sánchez goberna. Unha formulación que o PP e VOX non aceptan, o que motiva que na actualidade, o PP reformule a súa disposición a gobernar -necesariamente tamén tería que ser en coalición e con VOX, porque ningún outro partido acepta compartir un Goberno do que VOX forme parte- m diante unha fórmula ilegal: que sexa a cámara baixa a que decida a aplicación dunha aparente cuestión de confianza,  cando non unha simulada moción de censura que, por si mesmos, non se atreve a presentar, consciente da falta dos apoios necesarios para gañar este envite. 

Tamén o intenta, pero doutro xeito, o catalán Junts, que se atopa no mesmo vieiro.

O presidente nacional do PP dixo  nunha ocasión que non era presidente de España porque non quería e, á vista de como están as cousas, semella que vai ter que seguir na agarda ata que Pedro Sánchez determine a data das próximas eleccións xerais.

En 2027 ou antes?. Nada hai decidido, mais semella que non  se van convocar en 2026. 

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.