UCIN Galicia di que o Goberno de España condena aos autónomos a soportar unha carga fiscal e burocrática que “Europa xa aliviou”

08 Xuño 2026


A agrupación cidadá UCIN Galicia, a través do seu coordinador José Luis Calo, esixiu nun comunicado a aplicación inmediata da normativa europea destinada a reducir as cargas administrativas e fiscais que soportan miles de autónomos, á vez que reclamou a implicación de todos os grupos políticos para poñer fin a unha situación que consideran “inxusta e prexudicial” para un dos sectores fundamentais da economía galega e española.

José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, denunciou que o Goberno de España continúa atrasando medidas impulsadas desde a Unión Europea que permitirían simplificar trámites e facilitar a actividade de pequenos negocios, profesionais e emprendedores. “Resulta incomprensíbel que mentres Europa traballa para reducir a burocracia e facilitar a actividade económica dos autónomos, o Goberno de España siga mantendo obstáculos que dificultan o seu traballo diario. Cada día que pasa sen aplicar plenamente esta normativa europea é un día máis de castigo para quen sostén boa parte da nosa economía”.

Desde UCIN Galicia consideran que os autónomos levan anos soportando “un exceso de obrigacións administrativas, custos fiscais crecentes e unha falta de apoio institucional que pon en risco a viabilidade de moito proxectos empresariais”.

“Os autónomos non son unha fonte inesgotable de recadación. Son homes e mulleres que arriscan o seu patrimonio, xeran emprego e manteñen vivo o tecido económico das nosas cidades e pobos. Merecen menos trabas, menos burocracia e máis respaldo por parte das administracións públicas”, afirmou Calo.

A formación independente solicitou a todas as forzas políticas con representación institucional que “traballen conxuntamente para garantir a adaptación dela lexislación española aos criterios marcados pola Unión Europea, afastando este asunto de calquera confrontación partidista”.

“Os autónomos non entenden de cores políticas. O que necesitan son solucións. Por iso pedimos responsabilidade a todos os partidos para que defendan os intereses de quen levanta a persiana cada mañá e contribúen ao progreso de Galicia e de España”, engade, ao tempo que traslada “unha mensaxe de apoio ao colectivo de traballadores por conta propia”.

E apunta: “Queremos que cada autónomo galego saiba que non está só. Desde UCIN Galicia imos seguir defendendo os seus dereitos, denunciando calquera medida que os prexudique e esixindo reformas que lles permitan desenvolver a súa actividade con dignidade, estabilidade e seguridade xurídica”.

Finalmente, José Luis Calo advirte de que a organización continuará impulsando iniciativas públicas e institucionais para esixir “unha fiscalidade máis xusta, unha redución efectiva da burocracia e un marco normativo que favoreza a creación de emprego e o crecemento económico”.

“Se Europa xa marcou o camiño, non existe ningunha escusa para seguir atrasando medidas que beneficiarían a miles de autónomos. É hora de actuar e de poñer a quen crea riqueza no centro das políticas públicas”, finaliza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.