Satisfacción na ARE polo reforzo dos efectivos da Garda Civil anunciado en Rianxo

29 Xuño 2026

A Asociación Rianxeira de Empresarios emitiu un comunicado relacionado coa recente visita ao concello do subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e da confirmación de máis persoal da Garda Civil para Rianxo, unha noticia que foi recibida con satisfacción pola patronal xa que, sinalan, “trátase dunha noticia que contribúe a que os negocios locais recuperan a tranquilidade”.

A ARE lembra no comunicado que durante meses trasladou ás administracións a preocupación do comercio local, con establecementos que chegaron a traballar coa porta pechada ou con medo durante a súa xornada laboral.

Engade a ARE que os negocios de Rianxo reciben con satisfacción o anuncio do reforzo dos efectivos da Garda Civil, xa que estamos ante “unha medida que responde a unha das principais preocupacións que o comercio, a hostalería e os servizos do municipio viñan trasladando nos últimos meses”.

Lembran que durante este tempo, varios establecementos sufriron pequenos furtos, roubos e outras incidencias que xeraron unha crecente sensación de inseguridade e que “nalgúns casos, os negocios chegaron a atender ao público coa porta pechada por precaución e moitos comerciantes e traballadores desenvolveron a súa actividade diaria con medo a sufrir novos episodios”.

Foi esta realidade a que levou á Asociación Rianxeira de Empresas (ARE), en representación do comercio, da hostalería e dos servizos de Rianxo, a trasladar esta preocupación ás distintas administracións e forzas de seguridade.

Seguimento da situación

No mes de marzo, a ARE promoveu unha primeira reunión co Concello, a Policía Local e a Garda Civil para expoñer a situación que estaban vivindo numerosos negocios e reclamar medidas que permitisen reforzar a seguridade.

Posteriormente, no mes de maio, mantívose unha nova xuntanza co alcalde de Rianxo, o subdelegado do Goberno na Coruña, responsábeis da Garda Civil e da Policía Local, na que a asociación reiterou unha das súas principais peticións: o reforzo dos efectivos das forzas de seguridade no municipio.

Ao longo de todo este proceso, a ARE mantivo unha comunicación constante cos seus asociados, trasladándolles a información e as recomendacións facilitadas polas forzas de seguridade e facendo chegar ás administracións as preocupacións do tecido empresarial.

A asociación valora moi positivamente o anuncio realizado polo Goberno, xa que “considera que o incremento de efectivos supón unha resposta a unha demanda que trasladou de forma reiterada en representación dos negocios de Rianxo”.

“Desde o primeiro momento entendemos que a preocupación dos comerciantes debía ser escoitada. O noso labor como asociación é precisamente ese: representar aos negocios, trasladar as súas necesidades ás administracións e traballar para que se adopten medidas que contribúan a mellorar o seu día a día. Hoxe alegrámonos de que unha das principais peticións formuladas durante estes meses, o reforzo dos efectivos da Garda Civil, sexa xa unha realidade”, sinalan desde a ARE.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.