Porto do Son presenta a andaina “25 + 15 km” do Club Trabandainas para o 7 de xuño

03 Xuño 2026

O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu este mércores a presentación da andaina “Porto do Son 25 + 15 km”, unha proba organizada polo Club Trabandainas que se celebrará o vindeiro 7 de xuño.

A iniciativa forma parte da Liga Galega de Andainas 2026 e está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Montañismo e da Liga Ibérica de Senderismo. O evento conta coa colaboración do Concello de Porto do Son.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 4 de xuño ás 23:59 horas a través da plataforma Deporticket. A proba contará con dous percorridos circulares, de 25 e 15 quilómetros, ambos de dificultade media, con saídas previstas ás 9:00 e 9:05 horas respectivamente.

A saída e chegada situaranse na Casa A Tarela, onde tamén se realizará a entrega de dorsais entre as 8:00 e as 8:45 horas. Ademais, a organización dispuxo tres puntos de avituallamento ao longo do percorrido e ofrecerá petiscos ao remate da andaina.

Na presentación participou a tenente de alcalde, María Maroñas, quen destacou o compromiso do Concello co fomento do deporte. Neste sentido, animou á veciñanza a participar nunha proba “emblemática e popular” e a desfrutar da riqueza paisaxística do municipio.

Maroñas subliñou tamén o valor desta actividade como exemplo de deporte inclusivo, lembrando que “calquera persoa, independentemente da súa condición física, pode facer deporte”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.