Os servizos de emerxencias teñen que intervir nunha saída de vía en Outes

24 Xuño 2026

O turismo envorcou na AC-550, ao seu paso pola parroquia de Roo. Os servizos de emerxencias interviñeron esta mañá nun accidente de tráfico rexistrado no concello de Outes, onde un vehículo sufriu unha saída de vía e quedou envorcado na AC-550, á altura do quilómetro 62 aproximadamente, na parroquia de Roo.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 09:20 horas a través da chamada dun particular, que alertou de que o condutor podería atoparse atrapado no interior do turismo debido á posición na que quedara o vehículo tras o accidente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia, aos Bombeiros de Boiro e Ribeira, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención comprobaron que era necesario realizar labores de excarceración para liberar ao ocupante do vehículo. Para iso, os efectivos de emerxencias tiveron que cortar unha das portas do turismo e facilitar así a saída da persoa accidentada.

Tras ser liberado, o condutor foi atendido polo persoal sanitario e posteriormente trasladado ao centro hospitalario de referencia para a súa valoración e tratamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.