O Pazo de Goiáns acolle este domingo 7 de xuño o III Recital Poético María Mariño

06 Xuño 2026

O Pazo de Goiáns (Boiro) acolle o vindeiro domingo 7 de xuño o III Recital Poético Maria Mariño. A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentou este luns 1 de xuño a actividade xunto coa súa promotora, Anxos Castro.

Esta terceira edición do recital terá lugar en dúas sesións, unha con comezo ás 12.45 horas e outra pola tarde, con comezo ás 17.30 horas. “Este recital comezou fai 3 anos con 14 persoas e este ano somos xa 30”, confirmou Anxos Castro.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, convidou á veciñanza a ser participe tamén deste recital que “busca achegar a poesía á xente e que homenaxea a María Mariño, moi vinculada co noso Pazo de Goiáns”.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...