O Museo do Gravado rende homenaxe a Isaac Díaz Pardo a través da obra de Yolanda Carbajales

07 Xuño 2026

O Museo do Gravado de Artes de Ribeira inaugurou este sábado unha nova exposición dedicada á figura de Isaac Díaz Pardo, unha mostra protagonizada pola artista Yolanda Carbajales que se integra nos actos conmemorativos do 25 aniversario do centro museístico.

A exposición reúne seis gravados acompañados das súas correspondentes matrices, unha proposta artística na que Carbajales revisita a obra do intelectual e creador galego mediante a técnica da mezzotinta ou maneira negra, un procedemento de gravado que destaca pola súa complexidade técnica e polo coidado artesanal que require.

No acto de apertura, a alcaldesa de Ribeira e presidenta da Fundación do Museo do Gravado, María Sampedro, puxo en valor o traballo da artista e a calidade dunha mostra que serve de ponte entre dúas figuras destacadas da creación galega.

“Temos aquí representada a perfecta unión de dous grandes artistas”, sinalou a rexedora, quen destacou especialmente a precisión e o realismo das obras expostas, entre elas un retrato de Isaac Díaz Pardo realizado con gran nivel de detalle.

A exposición propón unha reinterpretación da obra pictórica do homenaxeado, incorporando novos símbolos e lecturas persoais a través da visión artística de Carbajales. A técnica da mezzotinta permite construír as imaxes desde a escuridade cara á luz, facendo emerxer gradualmente formas, volumes e matices que dotan as pezas dunha especial forza expresiva.

No acto tamén participaron a propia Yolanda Carbajales; o vicepresidente da Fundación, Javier Expósito; o primeiro tenente de alcalde, Vicente Mariño; e o director do museo, Xoán Pastor.

Durante a inauguración presentouse ademais un estoxo para bibliófilos deseñado pola artista que reúne os seis gravados orixinais da serie. Trátase dunha edición exclusiva e limitada a tan só 35 exemplares, destinada a coleccionistas e amantes da obra gráfica.

A mostra poderá visitarse ata o próximo 5 de setembro nas instalacións do Museo do Gravado de Artes, ofrecendo ao público unha oportunidade para achegarse á figura de Isaac Díaz Pardo a través da mirada contemporánea de Yolanda Carbajales e dunha das técnicas máis refinadas do gravado artístico.

Outros artigos

As farmacias de Noia súmanse á campaña de Noia polo 25N

As farmacias de Noia sumáronse estes días á campaña Noia di NON á violencia de xénero, encadrada na axenda do CIM e o Concello de Noia para celebrar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, este 25 de novembro. Segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.