O deporte protagoniza o verán na Pobra

05 Xuño 2026

A concellería de Deportes do Concello da Pobra do Caramiñal presenta unha nova edición de O Deporte na Pobra. Verán 2026, unha iniciativa que reunirá durante os próximos meses unha ampla oferta de actividades físicas, cursos e eventos dirixidos á infancia, á mocidade e ás persoas adultas.

A proposta busca fomentar hábitos de vida saudábeis, favorecer a práctica do exercicio físico e ofrecer alternativas de lecer activo para a veciñanza durante a época estival.

Entre as opcións destinadas á poboación máis nova figuran fútbol praia, fútbol sala mixto de iniciación, baloncesto, tenis, remo, volei praia, atletismo, patinaxe artística, artes marciais, xadrez e distintos campus organizados por entidades deportivas locais. Ao mesmo tempo, a oferta para persoas adultas inclúe pilates, ximnasia de mantemento, full body, baile latino, camiñadas saudábeis e sesións adaptadas para maiores.

Xunto a estas propostas desenvolverase un amplo calendario de citas deportivas, no que destacan a XXI Bandeira Traíñas Concello da Pobra do Caramiñal, a V Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes, a Regata Banco Móbil de Remo, o Circuíto do Barbanza de Tenis, o Torneo de Volei Praia, o Torneo Xadrez na Rúa, a Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal e a LXV Milla Urbana Nocturna.

O programa incorpora tamén iniciativas abertas a toda a cidadanía, como a XXXIV Festa da Bici, prevista para o 12 de xullo, e o Día do Deporte na Rúa, que terá lugar o 28 de agosto.

As persoas interesadas poderán descargar os formularios de preinscrición na páxina web municipal ou formalizar a solicitude de maneira presencial a través da técnica de Deportes do Concello.

Mediante esta programación, o Concello da Pobra do Caramiñal continúa impulsando a actividade física, a convivencia e a participación cidadá a través do deporte, consolidando unha oferta variada e adaptada a diferentes idades e intereses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.