O Concello de Ribeira elabora unha guía de recursos de atención á infancia e adolescencia

13 Xuño 2026

O Concello de Ribeira está a traballar na elaboración da I Guía de recursos de atención á infancia e adolescencia, unha iniciativa que se enmarca no traballo da Mesa Local da Infancia e Adolescencia (MIA), coordinada pola Concellería de Servizos Sociais.

Segundo informan desde o consistorio, este novo recurso terá carácter gratuíto e estará dispoñible en formato dixital, co obxectivo de facilitar á cidadanía o acceso á información sobre os servizos e programas dirixidos á infancia e mocidade no municipio.

Para a súa elaboración, vén de iniciarse unha campaña de recollida de información. Nesta primeira fase, as representantes das distintas comisións da MIA enviarán convites ás entidades que traballan con nenos, nenas e adolescentes en Ribeira, co fin de recompilar datos sobre os seus recursos e actividades.

As entidades interesadas en formar parte desta guía poden participar cubrindo un formulario en liña antes do vindeiro 5 de xullo a través da ligazón https://forms.gle/DNHKMwGrap2pE9Dg9.

Desde o Concello sinalan que, no caso de que algunha entidade non reciba o convite electrónico, poderá igualmente sumarse á iniciativa accedendo directamente ao formulario habilitado.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.