O CIM de Noia e a Deputación mostran este mércores (no Casino) como protexernos das violencias dixitais

03 Xuño 2026

As redes sociais e como manexalas con seguridade centran unha xornada este mércores 3 de xuño en Noia, no Edificio do Casino. Na sesión, moi focalizada nas novas xeracións, achegaranse claves para que a mocidade saiba identificar os discursos que perpetúan estereotipos, desigualdades ou violencias dixitais.

Desde o Centro de Información á Muller (CIM) de Noia, en coordinación coa Deputación da Coruña (a través do programa De fronte á violencia de xénero), organizan o obradoiro Quen é quen nas redes sociais?, un espazo de reflexión e aprendizaxe sobre os discursos arredor da feminidade e a masculinidade nas RRSS e a súa relación coas violencias dixitais.

A actividade desenvolverase dende as 19.00 ata as 20.30 horas. Trátase dunha sesión aberta ao público de 13 anos en adiante.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.