O CIFP Coroso celebra o seu 50 aniversario cunha gran gala no Auditorio de Ribeira

26 Xuño 2026

O CIFP Coroso, o centro de Formación Profesional de Ribeira, celebrará este sábado 27 de xuño ás 20.00 horas a gala 50 anos, miles de historias con motivo da conmemoración do seu 50 aniversario. Unha cerimonia que estará presidida pola alcaldesa de Ribeira, María José Sampedro, e pola directora xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, María Eugenia Pérez. Durante o acto, concibido para celebrar medio século de historia educativa dun centro que comezou a funcionar no Mercado Municipal de Ribeira no curso 1975/76, entregaranse galardóns a máis dunha trintena de ex-alumnos, empresas, institucións, docentes, persoal administrativo, directores e pioneiros que fixeron posíbel o desenvolvemento
do centro ao longo de cinco décadas.

Ademais, o evento contará tamén coa actuación especial dun soado alumno do CIFP Coroso, o cantante Javi Maneiro (ex Herdeiros dá Crus), acompañado desta volta por un grupo de docentes do centro educativo.

Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira

Data: 27 de xuño de 2026

Hora: 20.00 horas

Celebración da Gala do 50 Aniversario do CIFP Coroso – Premios 50 anos, miles de historias

Participantes:

María José Sampedro Fernández, alcaldesa de Ribeira

María Eugenia Pérez Fernández, directora xeral de Formación Profesional

Antonio M. Teira Rivas, director do CIFP Coroso

Actuación musical de Javi Maneiro e docentes do CIFP Coroso

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.