O ciclo de conversas “Arredor do té” chegou a Muros para sensibilizar sobre a situación do pobo saharauí

18 Xuño 2026

No Local Social de Sorribos, Abderrahman e Mulay, xunto a Bidin Bucharaya, delegado saharauí en Galicia, e Maite Isla, da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), combateron coa súa historia a desinformación, visibilizando a historia do Sáhara Occidental e denunciando a ocupación marroquí e mais as violacións de dereitos humanos. Ao mesmo tempo, búscase dar a coñecer o papel das mulleres na resistencia e poñer en valor a interculturalidade, así como divulgar os programas de apoio existentes.

Participaron no té a alcaldesa de Muros, María Lago, e as concelleiras Laura Rivadeneira e Maruxa Martínez.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade emitiu recentemente unha declaración institucional fronte a proposta de converter o Sáhara Occidental nunha rexión autónoma de Marrocos, lembrando a responsabilidade do Estado Español na situación do pobo saharauí.

A día de hoxe, máis de 170.000 persoas subsisten como refuxiadas nos campamentos, onde a asociación municipalista veu desenvolvendo distintas accións de axuda humanitaria mentres reclama á comunidade internacional unha solución xusta e duradeira para o conflito.

No deserto do Sáhara, o té é un ritual. Segundo a tradición, hai que tomar tres vasos consecutivos: o primeiro é amargo como a vida, o segundo doce como o amor e o terceiro suave como a morte. Ofrecer esta bebida é un xesto de xenerosidade e aceptalo é un sinal de cortesía. A persoa que ten a honra de preparar o té adoita ser boa conversadora e, neste caso, achegará un testemuño directo sobre a situación do pobo saharauí e as difíciles condicións de vida nos campamentos de persoas refuxiadas de Tinduf (Alxeria).

Nacións Unidas conmemora o vindeiro 20 de xuño o Día Mundial das Persoas Refuxiadas baixo o lema Ata que todo o mundo estea a salvo, en referencia ao compromiso da comunidade internacional para que as persoas que se ven obrigadas a fuxir poidan vivir con seguridade e dignidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.