O BNG reclama ao Goberno desbloquear a xubilación anticipada do persoal de Gardacostas de Galicia

17 Xuño 2026

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou ao Goberno do Estado “desbloquear o expediente iniciado para o recoñecemento dos coeficientes redutores que permitan a xubilación anticipada do persoal do Servizo de Gardacostas da Galiza”. En concretou, demandou “unha actuación inmediata do Ministerio de Inclusión, Seguranza Social e Migracións para dar curso á solicitude presentada ao abeiro do Real Decreto 1698/2011 e rematar cunha situación de discriminación que afecta a este colectivo”.

Segundo sinala Rego, “o persoal de Gardacostas da Galiza desenvolve o seu traballo no mar, sometido ás mesmas condicións de risco, desgaste físico e penosidade que outros profesionais que xa teñen recoñecidos coeficientes redutores para acceder á xubilación anticipada”. Por iso, considera “inxustificábel” que continúe excluído deste dereito unicamente pola súa condición funcionarial.

O deputado nacionalista lembrou que “esta é unha reivindicación histórica do colectivo e que tanto a representación sindical como o propio BNG trasladaron en numerosas ocasións esta demanda ás institucións do Estado”. E engadiu: “Non existe ningún impedimento para resolver esta cuestión e a solicitude xa foi realizada, o que falta é vontade política para tramitar e resolver o expediente”.

A formación nacionalista denuncia que “a pesar de que o procedemento foi iniciado en abril de 2024 pola Confederación Intersindical Galega, organización sindical máis representativa na Galiza, desde entón non se coñece ningún avance efectivo e non se produciron comunicacións oficiais sobre o estado da tramitación nin actuacións orientadas á súa resolución por parte da Dirección Xeral de Ordenación da Seguranza Social”.

Para Néstor Rego, “o Goberno do Estado non pode seguir mantendo paralizada unha demanda plenamente xustificada e avalada polas condicións reais nas que desenvolven o seu labor os e as gardacostas galegas”. Neste sentido, subliñou que este persoal debe cumprir os mesmos requisitos de formación, aptitude médica e habilitación profesional que o resto de traballadores e traballadoras do mar, realizando ademais funcións de inspección, control e salvamento en condicións especialmente esixentes.

“O Ministerio de Seguranza Social debe actuar dunha vez por todas para corrixir esta discriminación e garantir un trato xusto ao persoal de Gardacostas da Galiza. Non son admisíbeis máis atrasos nin máis escusas”, concluíu Rego.    

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.