O Auditorio de Muros celebra o 1º aniversario da súa vertente cinematográfica coa proxección do clásico “Casablanca”

11 Xuño 2026

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros celebrará o primeiro aniversario da recuperación da programación cinematográfica cunha proxección moi especial: a proxección do clásico Casablanca de Michael Curtiz, unha das películas máis emblemáticas da historia do cine.

O filme poderá verse o sábado 13 de xuño ás 20:00 e ás 22:00 horas e o domingo 14 de xuño ás 19:30 horas, nunha fin de semana dedicada a conmemorar un ano de cine estable no auditorio municipal.

Dirixida por Michael Curtiz e estreada en 1942, Casablanca converteuse nun clásico universal do cinema. Protagonizada por Humphrey Bogart e Ingrid Bergman.

Durante este primeiro ano de programación cinematográfica, o Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros recibiu a máis de 4.000 espectadores, consolidándose como un espazo de referencia para a exhibición audiovisual na comarca.

A concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destacou que “a resposta do público ao regreso do cine foi extraordinaria. Máis de catro mil persoas pasaron polo auditorio neste primeiro ano, demostrando que existía unha demanda real por recuperar este servizo cultural”. A edil engade que “queriamos celebrar esta data cunha película que forma parte da memoria colectiva do cinema mundial e que representa a capacidade que teñen as grandes historias para seguir emocionando xeración tras xeración”.

As entradas para as diferentes sesións estarán dispoñíbeis na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.